HEMEROTECA
Circular N 97/2019 Roteiro Arqueolóxico/Etnográfico por terras de Vilalba
Roteiro Arqueolóxico/Etnográfico por terras de Vilalba
CIRCULAR Nº 97/2019 ROTEIRO ARQUEOLÓXICO/ETNOGRÁFICO POR TERRAS DE VILALBA (SANTABALLA)
Fecha: 14 de decembro de 2019
Saída: 9:00 h do Colexio de Avogados de Ferrol o 10:00 h dende Santaballa (mandarei ubicación o día)
Percorrido:14,800 Km. Nesta ruta deseñada pola Liga Santaballesa, amósase unha pequena parte do patrimonio arqueolóxico e etnográfico da parroquia de Santaballa. Inclúe medoñas (túmulos), muiños,asentamentos paleolíticos (Pena Grande), un menhir simbólico (Pedra Chantada) e a recreación de un castro e unha medoña ou lado da Escola Habaneira de Santaballa (Vilalba)
1. Liga Santaballesa
Edificio construído, a expensas dunha sociedade cívica constituída por veciños emigrados en Cuba, a principios do século pasado para albergar unha escola. Construción eminentemente popular, sólida e compacta inspirada nas casas de labranza, conta con algúns recursos plásticos que ennobrecen a fachada, especialmente na súa vía central, lixeiramente adiantada e coroada con elementos decorativos. No seu interior recréanse unha escola e outras estancias de principios do século pasado, e tamén se rende un recordo á emigración que deu lugar a este centro. Primeiro centro educativo mundial que establece a ensinanza en lingua e gramática galega.
2. Poboado castrexo
Próximos á escola da Liga Santaballesa atópanse unha recreación dun pequeno poboado castrexo, con diversas construcións e utensilios de uso diario na época, e a recreación dunha medoña, construída de tal maneira que se pode visualizar o seu interior.
3. Cruceiro do Casal
4. Medoña de Estelo
O Túmulo de Estelo é o maior dos que forman parte da necrópole de Pena Grande. Datado ao final da Idade da Pedra Puída, ten dous metros de altura e dezaoito metros de diámetro. Ao ser desposuído da súa lousa de cuberta, pódese observar unha cámara mortuoria poligonal, formada por cinco laxes de cuarcita e aberta cara ao levante. Está situada ao pé dun Camiño Real.
5. Acubillo de Pena Grande
Pena Grande é o máis importante e monumental xacemento do Paleolítico de Galicia. Grupos de cazadores nómadas acamparon baixo este potente afloramento rochoso de modo estacional. Dende o seu privilexiado asentamento, ben protexido das inclemencias do frío clima da época, controlaban as migracións das grandes mandas de animais que atravesaban o territorio; estes animais servíanlles de alimento, proporcionábanlles peles para abrigarse e ofrecíanlles hastas e ósos para facer puntas de lanza e agullas de coser.
6. Muiño do Caxigueiro
Pequeno muíño situado no Rego de Bordelle. É unha construción tradicional executada en cachotaría concertada, de planta rectangular cun pequeno pórtico dianteiro, que está cuberto a dúas augas con laxes de cuarcita e pizarra, sustentadas nunha rústica armadura de madeira de tesoira sobre viga. No seu interior conserva a súa única moa así como outros mecanismos utilizados no proceso de elaboración da fariña.
7. Medoña do Ramallal
8. Muiño Novo
9. Muiño da presa vella
10. Pedra Chantada de O Carrizo
Dos poucos exemplo de menhires conservados en Galicia, este do Carrizo é o máis notable. Data da Idade da Pedra Puída. Atópase aproximadamente no centro dunha gran necrópole megalítica que se desenvolve ao longo dun antigo camiño. Habitualmente relaciónanse estes monolitos con cultos ás encrucilladas, que os romanos aglutinaron baixo a adoración dos Lares Viais, sendo ambos antecesores dos cruceiros. A escaseza de menhires en Galicia hai que explicala pola substitución das monolíticas formas primixenias por altares romanos, e destes, co cristianismo, por cruceiros. Situado ao pé dun Camiño Real, ten unha altura próxima aos tres metros.
11. Casa Naseiro Ledo
Pintoresco lugar, obra de Eladio Naseiro Ledo, que recorda un palacio de contos infantís. O lugar está salpicado con obxectos curiosos e elementos artísticos realizados polo autor e a súa filla Clara, así como antigüidades singulares.
12. Castro de Santaballa e Vila de Trastomil
Ao pé da igrexa parroquial de San Pedro de Santaballa atópanse dous xacementos arqueolóxicos, hoxe apenas perceptibles en superficie, trátase dun castro e dunha vila. O primeiro é un asentamiento fortificado cuxa orixe remonta á Idade do Ferro, aínda que se seguiría habitando durante a Época Romana. O segundo, un pouco máis ao sur, trátase dun asentamento rural romano, unha especie de cortixo onde os nativos castrexos traballarían en condicións pouco vantaxosas para un romano ou para un nativo colaboracionista cos invasores; neste asentamento coñecido como Vila de Trastemil descubríronse numerosas cerámicas de construción, así como algúns muiños e unha columna.
13. Igrexa
Igrexa e cemiterio parroquial con retablo barroco, a fachada en granito cun singular reloxo solar, pezas do cemiterio e cruceiro realizadas igualmente en granito
Recomendacions: bastón, roupa de chuvia ou frío e calzado forte. Auga e algún petisco; roupa e calzado para mudarse ó remate.
Xantar: Pódese reservar nun local de Vilalba ou levar comida da casa, tendo en contá que a cea do grupo de Andainas celébrase esa noite.
Seguro: Cada participante deberá abonar a cantidade de 2 € polo seguro ó remate da andaina.
Inscripcións no Colexio de Avogados. Plazo máximo, xoves 12 de decembro ás14:00 h. Si alguén desexa anotarse despois, deberán contactar con Carmen Fernández 616987639.
¡Animádevos!
ACTUALIDAD MÁS RECIENTE
- Circular Nº 46/2024 Convocatoria de elecciones a la Presidencia del Consejo General de la Abogacía Española
- Circular Nº 45/2024 Actos conmemorativos de la Festividad Colegial de San Raimundo de Peñafort 2024
- Circular Nº 42/2024 Celebración de la Festividad Colegial de San Raimundo de Peñafort
- Circular Nº 39/2024 Comida de despedida del Fiscal Jefe
- Circular Nº 38/2024 Recordatorio: Jornadas de Derecho de Familia
- Circular Nº 37/2024 Recordatorio: Curso sobre las reformas procesales del Real Decreto Ley 6/2023
- Circular Nº 35/2024 Carta de Miguel Armenteros dirigida a los abogados de Ferrol
- Circular Nº 32/2024 Jornadas de Derecho de Familia
- Presentación electrónica de recursos administrativos desde la Plataforma Mercurio
- Circular Nº 27/2024 Andaina circular Cariño-Cabo Ortegal