HEMEROTECA
Circular Nº 1/2020 V Xornadas de Dereito de Familia
V Xornadas de Dereito de Familia
Os próximos días 7 e 8 de febreiro celebrarase en Afundación da Coruña a quinta edición das Xornadas de Dereito de Familia de Galicia que a avogacía galega organiza en colaboración coa Asociación Española de Abogados de Familia (AEAFA) e nas que de novo contaremos con cualificados profesionais que disertarán sobre temas propios desta materia e outros temas de actualidade con gran incidencia nas relacións familiares: a xestación subrogada, a segunda oportunidade, os dereitos do menor, os aspectos tributarios ou o Síndrome de Alienanción Parental son algúns dos asuntos que se abordarán, fundamentais no devir diario dos profesionais da avogacía e que van ser moi importantes nos próximos anos.
A traves das súas anteriores edicións, estas Xornadas configuráronse coma un punto de encontro de referencia para que os profesionais do Dereito de Familia traten algunhas das cuestión de maior relevanci e actualidade que afectan a esta importante rama do Dereito
Descontos ata o 3 de xaneiro
Toda a información das Xornadas pode consultarse en http://familia.gal/ e a inscrición ás mesmas pode realizarse en http://familia.gal/inscricion/. Hai prezos especiais para as avogadas e avogados exercentes, ademais de para o alumnado do Máster da Avogacía. Se a inscrición se realiza antes do 3 de xaneiro, realizarase un 10% de desconto sobre estas cotas.
Desde a organización esperamos que esta quinta edición das Xornadas de Dereito de Familia vos resulte de interese e poidamos vernos os días 7 e 8 de febreiro en Afundación.
Un cordial saúdo
ACTUALIDAD MÁS RECIENTE
- Circular Nº 78/2022 Resultado de las elecciones a la Junta de Gobierno. 29 de Junio de 2022
- Circular Nº 77/2022 Elecciones a los miembros de la Junta de Gobierno, hoy de 10:00 a 14:00.
- Circular Nº 71/2022 Andaina circular Cobas
- Circular Nº 68/2022 Elecciones a la Junta de Gobierno: Voto por correo
- Circular Nº 67/2022 Proclamación de candidaturas para las elecciones del 29 de Junio de 2022
- Circular Nº 59/2022 Actos conmemorativos de la Festividad Colegial de San Raimundo
- Circular Nº 58/2022 Información importante para abogados y abogadas: Nueva versión LexNET 5.1
- Circular Nº 57/2022 Actualización del Protocolo del TSJ de Galicia sobre el uso de mascarilla en edificios judiciales
- Circular Nº 56/2022 Oferta de adquisición del Memento Básico de Sociedades Mercantiles 2022
- Circular Nº 54/2022 Andaina: Ruta Costera de Miño a Cabañas